Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 09 de xuño de 1997 Páx. 5.483

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle concede ó Instituto de Formación e Estudios Sociais-UGT a cualificación de entidade autorizada para a impartición de cursos teórico-prácticos para a formación de instaladores de gas nas categorías de IG-I e IG-II.

Vista a documentación presentada polo Instituto de Formación e Estudios Sociais-UGT, pola que solicitan lles sexa concedida a cualificación de entidade autorizada para a impartición de cursos teórico-prácticos para a formación de instaladores de gas nas categorías IG-I e IG-II.

Vista a Orde do 17 de decembro de 1985, do Ministerio de Industria e Enerxía, pola que se aproban a instrucción sobre documentación e posta en servicio das instalacións receptoras de gases combustibles e a instrucción sobre instaladores autorizados de gas e empresas instaladoras, na que se establecen as diferentes probas e requisitos para a obtención dos distintos tipos de carnés, así como as condicións que teñen que cumpri-las entidades autorizadas para a formación de instaladores.

Ó considerar que a entidade solicitante cumpre cos requisitos regulamentariamente establecidos, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Outorgarlle ó Instituto de Formación e Estudios Sociais-UGT a cualificación de entidade autorizada para a impartición de cursos teórico-prácticos para a formación de instaladores de gas nas categorías IG-I e IG-II, e proceder á súa inscrición no rexistro correspondente da Dirección Xeral de Industria.

Para o inicio das actividades, deberán presentar perante a delegación provincial de Industria e Comercio correspondente, fotocopia desta resolución, así como a programación, profesorado, tarifas, lugar, horarios e exames dos cursos, co fin de realiza-lo control correspondente.

Así mesmo, e para efectos estatísticos e de control, deberase presentar nas delegacións provinciais de Industria e Comercio correspondentes unha memoria anual das actuacións na provincia, debendo figurar nela os datos relacionados no punto 12.4º da devandita Orde do 17 de decembro de 1985, e na Dirección Xeral de Industria un resumo destas en toda a Comunidade Autónoma galega.

Esta autorización deberá renovarse ós dous anos, para o cal se deberá acreditar perante a Dirección Xeral de Industria o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

4156