Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 09 de xuño de 1997 Páx. 5.483

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se someta e información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/50-2-4719 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Flora Álvarez Mon.

Domicilio social: Cimadevila, 5, 27000 Navia de Suarna.

Denominación: L.M.T. e C.T. para gasolineira.

Situación: Navia de Suarna.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV con conductor LA-56 cunha lonxitude de 180 metros, sobre apoios de formigón. Centro de transformación tipo intemperie de 75 kVA 20.000/220/380 V, para subministración eléctrica á gasolineira na estrada Becerreá-Navia, PKM-27,200. Concello de Navia de Suarna.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 6 de maio de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

4172