Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 09 de xuño de 1997 Páx. 5.482

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se someta a información pública a petición da autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 95/188-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2819/1966, sométese a información pública a petición da autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Eléctrica Suc- de M. Leira S.L.

Enderezo social: San Martín do Porto, 15000 Cabanas.

Denominación: L.M.T. e C.T. Pedra do Couto.

Situación: Cabanas.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 661 metros de lonxitude, en conductor LA-56 que parte da L.M.T. a C.T. Pedreiras e final no C.T. que se vai construír en Pedra do Couto de 100 kVA, relación 15.000-20.000±5%/398-230 V. Concello de Cabanas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 19 de marzo de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4165