Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 09 de xuño de 1997 Páx. 5.489

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1997 pola que se anuncia, polo sistema de concurso aberto, trámite de urxencia, a contratación das seguintes subministracións: adquisición de hardware e software para a súa instalación no Instituto de Conservación e Restauración en Santiago de Compostela (A Coruña), e amoblamento de bibliotecas públicas municipais de nova creación en Camariñas, Dumbría, Frades e Portosín (A Coruña); O Vicedo, Mondoñedo e Cospeito (Lugo); Paderne de Allariz, O Bolo (Ourense); O Covelo e Nigrán (Pontevedra).

A Consellería de Cultura e Comunicación Social, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de

concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, a contratación das seguintes subministracións:

-Adquisición de hardware e software para a súa instalación no Instituto de Conservación e Restauración en Santiago de Compostela.

Orzamento de licitación: once millóns setecentas mil pesetas (11.700.000 ptas.) IVE incluído.

Prazo de execución: un (1) mes.

Fianza provisional: duascentas trinta e catro mil pesetas (234.000 ptas.).

-Amoblamento de bibliotecas públicas municipais de nova creación en Camariñas, Dumbría, Frades e Portosín (A Coruña); O Vicedo, Mondoñedo e Cospeito (Lugo); Paderne de Allariz e O Bolo (Ourense); O Covelo e Nigrán (Pontevedra).

Orzamento de licitación: once millóns corenta e sete mil seiscentas trinta e cinco pesetas (11.047.635 ptas.) IVE incluído.

Prazo de execución: un (1) mes.

-Fianza provisional: duascentas vinte mil novecentas cincuenta e tres pesetas (220.953 ptas.).

Exposicións dos pregos: os pregos de prescricións técnicas e os pregos de cláusulas administrativas estarán de manifiesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura e Comunicación Social, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono 981-58 89 38.

Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares, os licitadores que concorran a máis dunha suministración deberán presenta-la documentación para cada unha delas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio do presente concurso será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 1997.

P.D. (Orde 24-6-1996, DOG nº 127, do 28)

José Mª. Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Comunicación Social

4226