Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 09 de xuño de 1997 Páx. 5.480

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (175/1994).

En autos de xuízo de cognición seguidos co número 175/1994, por instancia de Caixa de Aforros Municipal de Vigo-Caixa Vigo, contra Juan Ramón Otero Llovo e Mª Concepción Villalpando, sobre cognición, de conformidade coa providencia proposta dictada con esta data nos ditos autos, son citados os demandados para que no prazo de nove días hábiles comparezan nos referidos autos, coa prevención de que, se non o verifican, serán declarados en rebeldía, e comunícolle a existencia do presente procedemento a Mª Concepción Villalpando para os efectos do artigo 144 do Regulamento hipotecario.

E, como consecuencia do ignorado paradoiro dos demandados, Juan Ramón Otero Llovo e Mª Concepción Villalpando, expido o presente edicto para que lles sirva de notificación e emprazamento en forma.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 1997.

O secretario

Rubricado

4185