Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 09 de xuño de 1997 Páx. 5.479

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (173/1997).

Eu, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 173/1994, se seguen autos de executivo, outros títulos, por instancia da procuradora Mª Soledad Sánchez Silva, en representación de Hormigones Valle Miñor, S.A., contra Iniciativas para el Desarrollo Tecnológico, S.L., en reclamación de cantidade; nas súas actuacións acordouse sacar á venda en primeira e pública poxa, polo termo de vinte días e prezo valoración pericial, a seguinte máquina embargada á demandada:

-Máquina escavadora, marca Masey Fergusson, modelo IOHX, número de chasis 2522 b 3466, matrícula C-84086-VE.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena, nº 2, 2º, polígono das Fontiñas, o vindeiro día 3 de xullo ás once horas, de acordo coas seguintes condicións:

1. O tipo do remate será de 750.000 pesetas, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para tomar parte na licitación os licitadores deberán consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado no BBV nº de conta 1592-17-173-94, o vinte por cento do tipo de remate.

3. Poderanse facerse ofertas por escrito, en prego cerrado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na mesa do xulgado, xunto con aquel, o vinte por cento do tipo de remate.

4. Só o acredor poderá face-lo remate en calidade de llo ceder a un terceiro.

5. Reservaranse en depósito, por instancia do acredor, as consignacións dos ofertantes que non resultasen rematantes e que o admitan e cubrisen o tipo da poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obriga, poida aprobarse o remate a favor dos que o sigan por orde das súas respectivas ofertas.

6. As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do actor, quedarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen se destinar á súa extinción o prezo de remate.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro 3 de setembro, ás once horas, nas mesmas condicións que a primeira, excepto o tipo do remate que será do setenta e cinco por cento do da primeira; e, no caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 7 de outubro, tamén ás once horas, rexendo para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

Sírvalle esta publicación de notificación á parte demandada, para o caso de que non se puidese efectuar no seu domicilio.

Santiago de Compostela o vintetrés de maio de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

3443