Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 09 de xuño de 1997 Páx. 5.478

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (37/1992).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela,

Fai saber que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 37/1992, séguense autos de executivo outros títulos, por instancia do procurador Victorino Regueiro Muñoz, en representación do Banco Pastor, S.A., contra Antonio Bouzas Ferreiro e Mª Rosa Sierra Domínguez, representados polo procurador Caamaño Queijo, sobre reclamación de cantidade,

actuacións nas que se acordou a venda en primeira e poxa pública, por termo de vinte días e prezo da súa valoración pericial, dos seguintes predios que se lle ten embargados ós demandados:

1. Monte da Luz, dedicado a monte, situado na parroquia de Dorrón, do concello de Sanxenxo, de 14 concas de superficie, igual a 7 áreas e 33 centiáreas, 60 decímetros cadrados. Linda: norte, Elvira Sanmartín; sur, Hermosinda Rodiño Pérez; leste, camiño, e oeste, camiño. Prezo de valoración 7.268.000 ptas.

2. Monte da Luz, situado no lugar de Outeiro, parroquia de Dorrón, concello de Sanxenxo, dedicado a monte, de 16 áreas, 97 centiáreas de superficie. Linda: norte, Jesús Otero Justo; sur, Rogelio Rodiño; leste, Cándido Sanmartín e oeste, mar. Inscrito no tomo 610, libro 106 de Sanxenxo, folio 128, predio nº 11.970 do Rexistro da Propiedade de Cambados. Prezo de valoración 3.574.000 ptas.

A poxa terá lugar na sala de audiencias deste xulgado, situado na rúa Viena nº 2-2º, polígono das Fontiñas o vindeiro día 9 de xullo ás 11 horas, baixo as seguintes condicións:

1. O tipo de remate será o que se sinala como prezo de valoración ó final da descrición de cada un dos predios, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da devandita suma.

2. Para tomar parte na licitación, os licitadores deberán consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado no BBV nº de conta 1592-17-37-92 o vinte por cento do tipo de remate.

3. Poderanse facer ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata que esta teña lugar, depositando na mesa do xulgado, xunto con aquel, o vinte por cento do tipo de remate.

4. Só o acredor poderá face-lo remate en calidade de cederllo a un terceiro.

5. Reservaranse en depósito por instancia do acredor as consignacións dos licitadores que non resultasen rematantes e que o admitan e teñan cuberto o tipo da poxa, para os efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise coa obriga, poida aprobarse o remate a favor dos que lle sigan pola orde das súas respectivas ofertas.

6. Os títulos de propiedade, suplidos por certificación do rexistro, atópanse de manifesto na secretaría do xulgado, debendo os licitadores conformarse con eles, sen que poidan esixir outros.

7. As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do autor, quedarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen destinarse para a súa extinción o prezo de remate.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vin

deiro día 10 de setembro, ás 11 horas, nas mesmas condicións que a primeira, salvante o tipo do remate que será do 75% da primeira; e, no caso de que resultase deserta a devandita segunda poxa, terá lugar unha terceira sen suxeición a tipo, o día 6 de outubro, ás 11 horas, rexendo para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

A presente publicación serve de notificación para os demandados no caso de que non puidese efectuarse no seu domicilio.

Dado en Santiago de Compostela, 6 de maio de 1997.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

4201