Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 09 de xuño de 1997 Páx. 5.480

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 1997 pola que se anuncia a adxudicación de varios contratos.

Por resolucións do secretario xeral, actuando en nome do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, por delegación de competencias, segundo a Orde do 13 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes contratos:

-Contratación da execución das obras de construcción dun centro de exposición e promoción de recursos na comarca de Tabeirós-Terra de Montes no concello da Estrada (Pontevedra), convocada por concurso aberto, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 30 de xaneiro de 1997, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 27, do día 10 de febreiro do presente ano.

Adxudicatario: Construcciones Taboada y Ramos, S.L.

Importe: 69.998.107 pesetas, IVE incluído.

-Contratación da subministración de catro servidores e software complementario, convocada mediante concurso aberto por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública con data do 30 de xaneiro de 1997, publicada no Diario Oficial de Galicia do día 13 de febreiro do ano que corre.

Adxudicatario: Qued System, S.L.

Importe: 9.890.000 pesetas, IVE incluído.

-Contratación do servicio de dous helicópteros destinados a realizar misións de protección civil (prestar axuda médica urxente, salvamento, rescate, vixilancia e transporte sanitario), convocada mediante concurso aberto, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia, con data do 3 de marzo de 1997, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 46, do día 10 do mesmo mes e ano.

Adxudicatario: Helicsa Helicópteros, S.L.

Importe: 229.261.500 pesetas, IVE incluído.

-Contratación da concesión dos servicios de cafetería e comedor nos edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela, convocada mediante concurso aberto, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública, con data do 19 de marzo de 1997, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 57, do día 24 do mesmo mes e ano.

Adxudicatario: Santiago Dos, S.L.

-Contratación da subministración de material para o Plan de salvamento en praias de Galicia, convocada

por concurso aberto, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública, con data do 10 de febreiro de 1997, publicada no Diario Oficial de Galicia do 27-2-1997.

Adxudicatario: Náutica de Galicia, S.A.

Importe: 37.620.000 pesetas, IVE incluído.

-Contratación so servicio de operadores/as de radioteléfono de SOS-Galicia, no CECOP-Galicia e nos CECOPS-provinciais, mediante concurso aberto, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 53, do día 18 do mesmo mes e ano.

Adxudicatario: Teleaction, S.A.

Importe: 101.800.000 pesetas, IVE incluído.

-Contratación do servicio de mantemento da Casa de Galicia en Madrid, convocada mediante procedemento negociado sen publicidade ó abeiro do artigo 210 a) da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 5 de febreiro do ano que corre.

Adxudicatario: Ferconsa.

Importe: 9.487.846 pesetas, IVE incluído.

-Contratación do servicio de limpeza da Casa de Galicia en Madrid, convocada mediante procedemento negociado, ó abeiro do artigo 211 a) da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública, con data do 14 de febreiro do presente ano.

Adxudicatario: Eurocliner, S.A.

Importe: 9.347.208 pesetas, IVE incluído.

-Contratación das obras de execución da segunda fase do centro de exposicións e promoción de recursos da comarca de Bergantiños, en Buño, A Coruña, que foi convocada mediante concurso aberto, con trámite de urxencia, por resolución desta consellería, do 11 de abril de 1997, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 72, do mesmo mes e ano.

Adxudicatario: Agrupconsa, S.L.

Importe: 59.364.807 pesetas, IVE incluído.

-Contratación da subministración de 18 vehículo todoterreo para misións de protección civil, que foi convocada, mediante concurso aberto, publicado no Diario Oficial de Galicia, do día 12 de febreiro do presente ano.

Adxudicatario: Autos Lobelle, S.A.

Importe: 67.600.000.

O que se fai público para efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública

4332