Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 09 de xuño de 1997 Páx. 5.462

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 5 de maio de 1997 pola que se modifica a do 5 de decembro de 1996 (DOG do 29 de xaneiro de 1997) pola que se establecen axudas para a realización de actividades de alfabetización e formación de adultos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Por Orde do 5 de decembro de 1996 (DOG do 29 de xaneiro) convocáronse axudas para a realización de actividades de alfabetización e formación de adultos.

Ó ser necesario incrementa-la contía total das axudas co fin de apoiar este tipo de accións conducentes a un mellor desenvolvemento persoal e profesional das persoas adultas, especialmente das máis desfavorecidas, e como resposta ó elevado número de solicitudes presentadas ó abeiro da devandita orde, esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Modificar no apartado 3º da citada orde, na páxina 950, onde di: «Para o gasto que se proxecta

habilitarase o crédito adecuado e suficiente nas partidas 07.04.322H.480.0, 07.04.322H.460.0, 07.04.322S.460.0, e 07.04.322S.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1997 e en ningún caso a totalidade dela superará os 100.000.000 de ptas.» polo seguinte texto: «Para o gasto que se proxecta, habilitarase o crédito adecuado e suficiente nas partidas 07.04.322H.480.0, 07.04.322H.460.0, 07.04.322S.460.0, e 07.04.322S.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1997, por un importe máximo de 160.000.000 de ptas.».

Santiago de Compostela, 5 de maio de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

4343