Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 09 de xuño de 1997 Páx. 5.463

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 22 de maio de 1997 pola que se modifica a do 22 de outubro de 1996 (DOG do 13 de novembro) pola que se convocan axudas económicas para a realización de prácticas en empresas para alumnos/as que cursan ensinanzas de formación profesional de segundo grao, módulos, ciclos formativos, ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos e programas de garantía social.

Por Orde do 22 de outubro de 1996 (DOG do 13 de novembro) convocáronse axudas económicas para a realización de prácticas en empresas para alumnos/as que cursan ensinanzas de formación profesional de segundo grao, módulos, ciclos formativos, ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos e programas de garantía social.

Ó ser necesario incrementa-la contía total das axudas con motivo da implantación de novos ciclos formativos de grao medio e superior que implican que un maior número de alumnos realice prácticas de formación en empresas, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.-Modifica-lo artigo cuarto da citada orde, na páxina 10.195, onde di: «Para o gasto que se proxecta, habilitarase o crédito adecuado e suficiente na partida 07.04.322S.482.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1997 e en ningún caso a totalidade desta superará os 250.000.000 de pesetas»; polo seguinte texto: «Para o gasto que se proxecta, habilitarase o crédito adecuado e suficiente na partida 07.04.322S.482.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1997 e en ningún caso a totalidade desta superará os 284.971.620 de pesetas».

Santiago de Compostela, 22 de maio de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

97-4261