Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Venres, 06 de xuño de 1997 Páx. 5.456

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XINZO DE LIMIA

ANUNCIO.

Faise público, nos termos e para os efectos do artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, que o Pleno Municipal, en reunión do 26 de maio de 1997, deliberou aprobar con carácter inicial expediente modificativo puntual do Plan Xeral de Ordenamento Urbano relativo a aumento de edificabilidade dun soar sito na vila de Xinzo, na esquina das rúas Dous de Maio e Río Támega, con base na memoria de detalle redactada polo Gabinete Técnico Municipal.

O referido expediente estará exposto ó público nas oficinas municipais durante o prazo dun mes desde que este anuncio apareza no Diario Oficial de Galicia, co fin de que poida ser examinado e, se é o caso, alegado por aqueles que o teñan por conveniente.

Xinzo de Limia, 28 de maio de 1997.

O presidente

Rubricado

4317