Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Venres, 06 de xuño de 1997 Páx. 5.456

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TESOURERÍA XERAL DA SEGURIDADE SOCIAL. DIRECCIÓN PROVINCIAL DE LUGO

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1997, da Dirección Provincial de Lugo, pola que se anuncia poxa pública para o alleamento dun inmoble da súa propiedade.

O Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, con data 11 de xuño de 1996, autorizou á Tesourería Xeral da Seguridade Social para allea-lo inmoble que a continuación se detalla:

Urbana: vivenda do piso primeiro da casa número vintetrés da rúa Río Neira, da cidade de Lugo, dunha superficie aproximada de 215 metros cadrados.

Tipo mínimo de licitación: 8.508.213 pesetas.

Prego de condicións: os pregos de condicións poderanse retirar na Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social de Lugo, praza de Ferrol, 11-1ª planta de Lugo.

Data e lugar da poxa: a poxa dará comezo ás dez horas do día no que se cumpran vinte días hábiles, contados desde o seguinte ó da inserción deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (ou seguinte hábil se fora sábado), na primeira planta da citada dirección provincial.

Lugo, 30 de abril de 1997.

Julio Veloso Balboa

Director provincial da Tesourería Xeral

da Seguridade Social de Lugo