Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Venres, 06 de xuño de 1997 Páx. 5.456

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-268).

Por decreto desta Alcaldía nº 1590/1997, do 15 de abril do 1997, acordouse aprobar inicialmente a delimitación da U.E. nº 34, en Perillo (Oleiros), fixando o sistema de actuación como o de compensación, tramitada por Aida Barral Cal e outros. Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo de quince días, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa). Ó longo do dito prazo o expediente quedará á disposición de todo aquel que queira examinalo, podéndose face-las alegacións pertinentes. O expediente poderase examinar nas oficinas municipais de Urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborais.

Oleiros, 8 de maio de 1997.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

4353