Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Venres, 06 de xuño de 1997 Páx. 5.456

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LARACHA

ANUNCIO.

Formulada polos propietarios afectados e formalizada a escritura pública, outorgada o día 10 de abril de 1997, perante o notario de Carballo Alfonso Goday Portals, a reparcelación voluntaria da unidade de actuación número tres, segundo proxecto do arquitecto José Antonio Canedo Zapata, sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles, de conformidade co disposto no artigo 103, da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Lugar de exhibición do expediente: Secretaría Xeral.

Horario: de 9 ás 14 horas.

Laracha, 16 de maio de 1997.

José M. López Varela

Primeiro tenente de alcalde

4014