Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Venres, 06 de xuño de 1997 Páx. 5.450

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/84-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S, C.T. Canabal.

Situación: Arteixo.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV, de 325 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 240 mm Al, que parte do C.T. María Pita (expediente 245/1996) e final no C.T. que se vai contruír na r/ Canabal de 630 kVA. Concello de Arteixo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 14 de maio de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4089