Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Venres, 06 de xuño de 1997 Páx. 5.450

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e aproba o proyecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/251-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Fernando Macías, 2, 15004 A Coruña.

Denominación: L.A.T. de enlace L.A.T. Ponte Sampaio-Freixa coa Sub. Ponte-Caldelas.

Situación: Ponte-Caldelas.

Descricións técnicas: liña de alta tensión, aerosubterránea, cuádruple circuíto, a 66 kV, de 176 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. 33/66 kV, desde o apoio número 12 da L.A.T. Ponte-Sampaio-Freixa, rematando na subestación de Ponte-Caldelas, concello de Ponte-Caldelas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve.

Autorizar e aprobar-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 12 de maio de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

4088