Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Venres, 06 de xuño de 1997 Páx. 5.451

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/85-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: reforma L.M.T, Deriv. a C.T. Artabra.

Situación: Arteixo.

Características técnicas: reforma L.M.T. aérea a 15/20 kV a C.T. Artabra autorizada no expediente 11.788 e nunha lonxitude de 404 m, en conductor LA-180 que parte do apoio nº 24 e final no pase aerosubterráneo a C.T. Artabra. Concello de Arteixo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 14 de maio de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4007