Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Venres, 06 de xuño de 1997 Páx. 5.449

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e aproba o proyecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/23-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. en urbanización S.A.U.-6.

Situación: Nigrán.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 590 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. desde o apoio número 6 da L.M.T. Gon 806 entre os CC.TT. praia América e Ureca, rematando no C.T. que se proxecta en urbanización S.A.U.-6 concello de Nigrán. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve.

Autorizar e aprobar-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 7 de maio de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

4084