Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a peti
ción de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. e C.T.C. en edificio San Lázaro.
Situación: Santiago de Compostela.
Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 70 m con orixe na liña San Caetano San Lázaro e final nela alimentando o C.T. que se vai instalar en edificio San Lázaro. Centro de transformación de tipo interior de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, no edificio mentado. Santiago de Compostela.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 9 de maio de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
4085