Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Venres, 06 de xuño de 1997 Páx. 5.448

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e aproba o proyecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/12-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. vivendas grupo escolar.

Situación: Vilanova de Arousa.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 620 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T.S. ó C.T. de Capela, rematando no C.T. que se proxecta no grupo escolar, concello de Vilanova de Arousa. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., subterránea, de 30 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve.

Autorizar e aprobar-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características

axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 7 de maio de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

4090