Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de
execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. urbanización Altavista.
Situación: Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T. aerosubterránea, a 20 kV, de 10 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, sobre apoio de formigón, e 100 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio número 3 da L.M.T. ó C.T. Monte Pequeno, rematando no apoio desde o que continúa en tramo subterráneo ata o C.T. que se proxecta en urbanización Altavista, concello de Vigo.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve.
Autorizar e aprobar-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Pontevedra, 7 de maio de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
4091