Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Venres, 06 de xuño de 1997 Páx. 5.448

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e aproba o proyecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/2-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. a C.T. A Guía.

Situación: Concello Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15/20 kV, de 210 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio número 1 que se vai retirar, da L.M.T. subterránea ó C.T. A Guía, rematando no apoio número 3, que se vai retirar, da L.M.T, subterránea ó C.T. A Guía. Concello de Vigo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve.

Autorizar e aprobar-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 7 de maio de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

4093