Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Venres, 06 de xuño de 1997 Páx. 5.440

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (390/1996-1).

En cumprimento do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, Ángel Pantín Reigada, en providencia dictada no día da data, no xuízo de faltas número 390/1996-1, tramitado por desobedencia, cítase a Mercedes Asunción Fernández García, que se atopa en paradoiro descoñecido, para o vindeiro día 18 de xullo de 1997 ás 10.10 horas, co fin de que compareza, en calidade de denunciada, ante a sala de audiencia número catro deste xulgado, sita no 1º andar do Pazo de Xustiza das Fontiñas, Santiago de Compostela, co fin de asistir á celebración do correspondente xuízo, coa advertencia de que, de non comparecer, recaerán sobre ela os prexuízos ós que haxa lugar en dereito e de que deberá ir provista do DNI e dos medios de proba de que intente valerse.

Santiago de Compostela, vintecatro de abril de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

4268