Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Venres, 06 de xuño de 1997 Páx. 5.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 20 de maio de 1997 pola que se require a Jesús Bergantiños Díaz para a constitución dun depósito.

En procedemento extraordinario de taxación pericial contradictoria instado por vostede no expediente de referencia, e dándolle cumprimento ó acordo do Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia, do 11 de maio de 1995 (reclamación 27/747/93), procedeuse a nomea-lo novo perito terceiro, recaendo o dito nomeamento en José Antonio Ruíz del Río.

Con data do 19 de marzo de 1996, o citado facultativo esixiu que se faga provisión de fondos do importe de seus honorarios por contía de 52.200 pesetas.

Requírolle, en consecuencia, para que no prazo de dez días deposite a indicada cantidade na sucur

sal en Lugo do Banco de España, a nome de José Antonio Ruíz del Río, NIF 13.625.216-Q e á disposición da xefa do Servicio de Tesourería desta delegación, diante da que deberá xustifica-la constitución do depósito, mediante a entrega do resguardo orixinal.

Advírteselle de que a falta de depósito no indicado prazo suporá a aceptación da valoración realizada polo perito da Administración.

Lugo, 20 de maio de 1997.

Gonzalo Luis Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

4269