Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Venres, 06 de xuño de 1997 Páx. 5.439

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de maio de 1997 pola que se anuncia o proseguimento dos procedementos selectivos de ingreso e de acceso ós corpos de profesores de ensino secundario e outros, convocados pola Orde do 28 de abril de 1992 (DOG do 7 de maio).

En virtude da resolución da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola que se ordena que se adopten as actuacións pertinentes para levar a efecto o cumprimento da sentencia dictada polo Tribunal Supremo no recurso de casación número 1.097/1993 contra a sentencia do 11 de decembro de 1992 da citada Sala do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Deixar sen efecto a Orde do 22 de xuño de 1992, pola que se suspendía a execución da Orde do 28 de abril de 1992 de convocatoria de probas selectivas de ingreso e de acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional, de profesores de música e artes escénicas e de profesores de escolas oficiais de idiomas, en expectativa de ingreso na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-Continua-los procedementos selectivos anunciados na citada Orde do 28 de abril de 1992, coas mesmas bases que nela figuran.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

3511