Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Venres, 06 de xuño de 1997 Páx. 5.439

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, de corrección de erros da do 13 de febreiro de 1997, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio sobre condicións laborais e económicas para o persoal laboral do Concello de Viveiro.

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no DOG nº 99, do 26 de maio de 1997, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 4.882, columna 2, liña 11, onde di: «Asinado o día 22 de novembro de 1996, pola representación de ámbalas dúas partes», debe dicir: «Asinado o día 22 de novembro de 1996, por parte da empresa en representación do concello, o alcalde-presidente, e pola parte social os membros do comité de empresa (UGT 100%)».

Lugo, 21 de maio de 1997.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

97-4318