Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Venres, 06 de xuño de 1997 Páx. 5.439

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Automóviles de Tuy, S.A.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo da empresa Automóviles de Tuy, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 30-4-1997, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, o día 11-4-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de revisión salarial de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de revisión salarial de traballo desta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 5 de maio de 1997.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Táboa de salarios

Categorías

Pesetas

Plus transp.

Plus Ent.

Re.

Persoal administrativo:
Oficial de primeira93.519 mes4.667 mes
Oficial de segunda87.078 mes4.667 mes
Auxiliar administrativo81.971 mes
AspiranteSalario mínimo

segundo idade

Persoal de movemento:
Inspector3.189 día4.667 mes
Conductor3.138 día4.667 mes
Conductor-perceptor3.138 día4.667 mes2.074 mes
Cobrador2.725 día4.667 mes2.074 mes

Persoal de taller:
Xefe de taller117.437 mes4.667 mes
Oficial de primeira3.219 día4.667 mes
Oficial de segunda3.138 día4.667 mes
Oficial de terceira3.020 día4.667 mes
Mozo de taller2.642 día4.667 mes
AprendicesSalario mínimo

segundo idade

Lavacoches83.524 mes4.667 mes
Taquilleiros86.384 mes

4325