Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Venres, 06 de xuño de 1997 Páx. 5.420

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 29 de maio de 1997 pola que se nomea o Consello Regulador Provisional da Agricultura Ecolóxica de Galicia.

A publicación da orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, do 7 de maio de 1997, pola que se regula a producción agrícola ecolóxica e a súa indicación no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e se crea o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, implica a necesidade de nomea-los membros do citado consello regulador.

En consecuencia, segundo propostas do sector interesado, e de conformidade co artigo 30.I 3º e 4º do Estatuto de autonomía de Galicia e co Real decreto 4189/1982, do 29 de decembro, sobre o traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de agricultura e pesca, polo que se asumen competencias sobre denominacións de orixe, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Noméase un consello regulador, con carácter provisional, que segundo propostas dos sectores interesados queda formado polos seguintes membros:

Presidente:

Gabino Vázquez Fernández

Vicepresidente:

Nazario Blanco Meire

Vocais:

-Polo sector productor (subsector vexetal):

Titular: Rosa María Castro Vázquez

Suplente: Belén Varela Gestoso

Titular: Elia Rodríguez Álvarez

Suplente: Pablo Boutureira Sánchez

-Polo sector productor (subsector animal):

Titular: Luis Ángel Sánchez Gómez

Suplente: Moisés Carballeira Gaute

Titular: José María Romero Telle

Suplente: Nuria Varela-Portas de Orduña

-Polo sector elaborador:

Titular: José Luis Vaz Fernández

Suplente: José Luis Carrera Valín

Titular: José Luis Díaz Gómez

Suplente: Antonio Fernández Mazaira

-Polo sector comercial (incluído importadores):

Titular: Rafael Vázquez Núñez

Suplente: Pilar Calviño Barreiro

-Polas asociacións de consumidores de productos ecolóxicos ou biolóxicos:

Titular: Fernando López López

Suplente: Manuel Díaz Ares

Artigo 2º

Encoméndaselle ó consello regulador provisional a redacción do proxecto de Regulamento interno da agricultura ecolóxica de Galicia e do seu consello regulador, que elevará á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a súa aprobación.

Artigo 3º

O consello regulador provisional elaborará os censos e relacións pertinentes, de acordo co fixado no artigo 6, da Orde do 7 de maio de 1997, e que posteriormente servirán de base para a constitución do consello regulador definitivo.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias para dicta-las normas precisas para o desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 1997.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

4177