Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 05 de xuño de 1997 Páx. 5.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a adquisición, pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, de paquetes preventivos para usuarios de drogas por vía parenteral (C-251/1997).

Obxecto e orzamento: adquisición, pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, de paquetes preventivos para usuarios de drogas por vía parenteral, por un importe máximo de 39.999.965 ptas. (IVE incluído).

Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 9 da folla

de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 10 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de execución: ver apartado 3 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais Dirección Xeral de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2 - 2º, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

Garantías: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

Admisión de variantes: non se admiten.

Criterios de adxudicación: ver apartado 13 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da consellería (en San Lázaro), a partir das 9.30 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1997.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral de Recursos Económicos

4293