Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 05 de xuño de 1997 Páx. 5.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 52223).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en r/ Severo Ochoa, 2, A Coruña, para a autorización administrativa da instalación que segue:

-Modificado o proxecto nomeado L.M.T. Campo Buazo nº 4, consistente en: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-110 de 1.615 m de lonxitude, con orixe na liña Boimil-Santarandel e final no apoio saída á liña subterranea, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV, de 3(1x240) mm Al de 36 m de lonxitude e final na central San Pedro de Mezonzo. Boimorto.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 7 de maio de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4294