Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 05 de xuño de 1997 Páx. 5.407

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 1997 sobre a finalización do prazo de presentación de ofertas ó concurso para a contratación do proxecto básico e de execución da remodelación da fachada principal do edificio destinado a sede do Parlamento de Galicia.

Antecedentes.

1. No Diario Oficial de Galicia número 99, do 26 de maio, publícase o anuncio para a contratación do proxecto básico e de execución da remodelación da fachada principal do edificio destinado a sede do Parlamento de Galicia.

2. Feito o cómputo dos 26 días naturais establecidos para determina-la finalización do prazo de presentación de ofertas, verifícase que o último día corresponde ó sábado día 21 de xuño, e que o rexistro non está aberto ás 18.30 horas, data límite establecida na cláusula administrativa 10.1 do prego.

Fundamento xurídico.

O artigo 48, apartados 3 e 4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, establece que cando o último día do prazo fora inhábil enténdese prorrogado ó día seguinte e que os prazos expresados en días se contarán a partir do seguinte a aquel en que teña lugar a súa publicación.

Na súa virtude, e para garanti-los principios de igualdade, concorrencia e publicidade,

RESOLVO:

Primeiro.-Que o prazo límite para a presentación de ofertas ó concurso de contratación do proxecto referido no antecedente primeiro finalice o luns, día 23 de xuño, ás 18.30 horas.

Segundo.-Que o acto público de apertura de proposicións ante a mesa de contratación terá lugar o venres, día 4 de xullo de 1997, ás 12 horas, na sala azul da planta 2ª do edificio do Parlamento.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 1997.

Victorino Núñez Rodríguez

Presidente do Parlamento de Galicia

4324