Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 05 de xuño de 1997 Páx. 5.400

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1997 pola que se anuncia o desenvolvemento e implantación de aplicacións complementarias integradas co sistema de xestión de procedementos administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia, correspondente á Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

Obxecto: desenvolvemento e implantación de aplicacións complementarias integradas co sistema de xestión de procedementos administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia, correspondente á Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

Orzamento de licitación: 16.712.640 pesetas.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá retirarse na Subdirección Xeral de Planificación e Coordinación Informática da Consellería da Presidencia e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita na Casa da Radio, s/n., San Caetano, en Santiago de Compostela.

Fianza provisional: 334.253 pesetas.

Fianza definitiva: 668.506 pesetas.

Clasificación esixida: grupo III, subgrupo 3, categoría A.

Modelo de proposición: o que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse, en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión de proposicións rematará ás

catorce horas do día que resulte ó contar vinteseis días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

No exterior dos sobres expresarase o seguinte texto:

«Proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería de Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia para a contratación dunha asistencia técnica para o desenvolvemento e implantación de aplicacións complementarias integradas co sistema de xestión de procedementos administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia, correspondentes á Consellería de Familia, Muller e Xuventude, que presenta D./Dona... en nome... (propio ou da entidade que representa)».

Apertura de proposicións: en acto público, na sala B de reunións da Consellería de Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), ás dez horas do terceiro día hábil seguinte ó da fecha de remate de presentación de proposicións que non coincida nin en sábado nin en festivo.

O importe dos anuncios relativos ó presente concurso serán por conta do adxudicatario, que deberá aboalos con anterioridade á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública

4305