Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 05 de xuño de 1997 Páx. 5.400

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (12/1997-01).

Eu, Jorge Villar Trabazos, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, requiro o penado Javier Jiménez Agra, co fin de que no prazo de dez días

compareza perante este xulgado, sito na rúa Viena, s/n, 2ª planta, desta cidade, en horas de audiencia, co obxecto de requirirlle o cumprimento da pena de dez mil (10.000) pesetas de multa, con tres días de arresto substitutorio, unha vez feita a excusión dos seus bens para caso de non pagamento, e o pagamento das custas a que foi condenado no xuízo de faltas 48/1996.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 1997.

O secretario

Rubricado

4288