Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 05 de xuño de 1997 Páx. 5.399

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de mayo de 1997 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso de méritos para a provisión da praza 97/004 de corpos docentes universitarios convocado por esta universidade.

De conformidade coa sentencia do Tribunal Constitucional, do 27 de febreiro de 1987 (BOE do 24 de marzo), que modifica o artigo 39.3º da Lei 11/1983, de reforma universitaria, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro), sobre o procedemento para a designación dos membros das comisións que deberán xulga-los concursos de méritos para a provisión de prazas de corpos docentes universitarios, e a teor do establecido no Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e o Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño,

Este rectorado resolve nomea-la comisión titular e suplente que deberá xulga-lo concurso de méritos convocado por Resolución do 6 de marzo de 1997 (BOE do 27 de marzo).

A comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da Universidade da Coruña, no prazo de quince días hábiles, a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 21 de maio de 1997.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: psicoloxía social.

Praza nº: 97/004.

-Comisión titular:

Presidente: Sabucedo Cameselles, José Manuel. Catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario: Blanco Abarca, Amalio. Catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

Vocais:

Jiménez Burillo, Florencio. Catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Aragonés Tapia, Juan Ignacio. Profesor titular de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Romay Martínez, José. Profesor titular de universidade. Universidade da Coruña.

-Comisión suplente:

Presidente: Peiro Silla, José María. Catedrático de universidade. Universidade de Valencia.

Secretario: Martínez García, Manuel. Catedrático de universidade. Universidade de Sevilla.

Vocais:

Rodríguez Pérez, Armando. Catedrático de universidade. Universidade da Laguna.

Grossi Queipo, Francisco Javier. Profesor titular de universidade. Universidade de Oviedo.

Arce Fernández, Ramón. Profesor titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

3154