Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 05 de xuño de 1997 Páx. 5.386

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura e Comunicación Social, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 02/0004928/1997, interposto por Proyectos Atlas, S.A.

Para os efectos de darlle cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 02/0004928/97, interposto por Proyectos Atlas, S.A., contra resolución da Consellería de Cultura e Comunicación Social, do 14-2-1997, desestimatoria da reclamación formulada o 9-10-1996, sobre aboamento de cantidade, esta consellería resolveu ordenarlle a remisión do expediente administrativo ó dito tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer nos autos (mediante procurador con asistencia de letrado ou valéndose tan só de avogado con poder para o efecto) na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, segundo dispón o artigo 64 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, reformada pola Lei 10/1992, do 30 de abril.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 1997.

José Mª Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Comunicación Social

4196