Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 05 de xuño de 1997 Páx. 5.385

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

DECRETO 132/1997, do 14 de maio, polo que se declara de utilidade pública e urxente execución a concentración parcelaria da zona de Agudelo-Barro-Valiñas (Barro-Pontevedra).

As parroquias de Agudelo-Barro-Valiñas, que pertencen ó concello de Barro, están situadas ó noreste

da provincia de Pontevedra, resultando afectadas pola concentración parcelaria aproximadamente 892 ha.

A dispersión parcelaria que presentan os terreos das ditas parroquias, posta de manifesto polos agricultores desta mediante solicitude dirixida ó conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, motivou un estudio de viabilidade e de valoración das posibilidades que ofrece a zona para incrementa-lo rendemento dos recursos agropecuarios, deducíndose a conveniencia de levar acabo a concentración parcelaria por razóns de utilidade pública e interese social.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, formulada conforme o establecido na Lei galega 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catorce de maio de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Declárase de utilidade pública e urxente execución a concentración parcelaria da zona de Agudelo-Barro-Valiñas (Barro-Pontevedra).

Artigo 2º

O perímetro da zona será, en principio, o correspondente á totalidade dos terreos das parroquias de Agudelo-Barro-Valiñas. O referido perímetro quedar en definitiva modificado polas rectificacións, inclusións ou exclusións que se acorden, ó amparo dos artigos 23 e seguintes da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia.

Artigo 3º

A esta zona seranlle de aplicación os beneficios económicos programados ou asumidos pola Xunta de Galicia, para mellorar ou moderniza-las explotacións agrarias, e, en concreto, os que sinale o artigo 6 da Lei de concentración parcelaria para Galicia.

Artigo 4º

Os traballos de execución desta concentración parcelaria iniciaranse nun prazo non superior ós 6 meses a partir da publicación do presente decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para dicta-las disposicións complementarias que requiran a execución do presente decreto.

Segunda.-A presente disposición entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, catorce de maio de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

4195