Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 03 de xuño de 1997 Páx. 5.304

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA OURENSE

CONVOCATORIA de asemblea xeral ordinaria.

En cumprimento do disposto nos estatutos polos que se rexe a entidade, o Consello de Administración da Caixa de Aforros Provincial de Ourense, en sesión celebrada o día 26 de maio de 1997, acordou con

vocar asemblea xeral ordinaria, que terá lugar o día 23 de xuño de 1997 no salón de actos da entidade, sito na Avda. de Pontevedra 9, planta 1ª, desta cidade, ás dezasete horas, en primeira convocatoria e, de non reunirse o quórum necesario, en segunda convocatoria, o mesmo día, no mesmo lugar e media hora máis tarde.

A asemblea xeral desenvolverase de acordo coa seguinte,

Orde do día

1. Confección da lista de asistentes e constitución da asemblea xeral.

2. Apertura da sesión polo presidente.

3. Designación dos interventores da acta da sesión.

4. Exame e aprobación, se procede, das contas anuais (balance, conta de perdas e ganancias e memoria), informe de xestión do exercicio 1996, da proposta de aplicación dos resultados ós fins da caixa, así como da xestión do Consello de Administración durante o mesmo período.

5. Informe, aprobación e liquidación, se procede, do gasto da obra benéfico-social do exercicio 1996 e aprobación, se procede, dos orzamentos para o exercicio 1997 e solicitude de prórroga para o exercicio seguinte.

6. Informe da comisión de control sobre a súa actuación durante o exercicio 1996.

7. Definición das liñas xerais do plan de actuación anual da caixa.

8. Nomeamento dos auditores de contas.

9. Proposta de delegación de facultades no Consello de Administración para emitir obrigas subordinadas, cédulas hipotecarias, bonos, obrigas de pagamento, cotas participantes e, en xeral, calquera outro título, valores autorizados pola normativa vixente.

10. Rogos e preguntas.

11. Intervención do presidente.

En cumprimento do disposto no artigo 20.1º dos estatutos da entidade, quince días antes, como mínimo, da celebración da asemblea, quedará depositada na sede central, á disposición dos conselleiros xerais, as contas anuais (balance, conta de perdas e ganancias e memoria) o informe de xestión e a proposta de aplicación do resultado ós fins propios da caixa, os informes da comisión de control e das auditorías realizadas.

Ourense, 26 de maio de 1997.

David Ferrer Garrido

Presidente