Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 03 de xuño de 1997 Páx. 5.304

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN GALICIA-EUROPA

ANUNCIO do 23 de maio de 1997 polo que se fai pública a convocatoria de bolsas de formación en materias de divulgación comunitaria de interese para Galicia.

De acordo cos seus fins fundacionais, a Fundación Galicia-Europa convoca 16 bolsas para a formación en materias de divulgación comunitaria de interese para Galicia, por un importe singularizado de cento dez mil pesetas brutas mensuais, e por un período de tres meses, tendo como destino un dos centros galegos de información europea.

Os peticionarios deberán reuni-los seguintes requisitos:

a) Ser nacional español ou de calquera outro Estado membro da Unión Europea, con veciñanza administrativa na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Estar en posesión dunha licenciatura universitaria, preferentemente en Xeografía e Historia, na especialidade de Bibliotecas e Arquivos.

c) Dominio dos idiomas galego, castelán e inglés/francés.

d) Manexo a nivel de usuario de tratamento de textos, bases de datos da Unión Europea e Internet.

O prazo de recepción de solicitudes rematará ó vixésimo día natural contado desde o seguinte ó da data de publicación deste anuncio. Para consulta-las bases reguladoras das bolsas, solicitar información e presenta-la pertinente documentación, os interesados deberán dirixirse á Fundación Galicia-Europa, rúa dos Feáns, 5-baixo. 15706 Santiago de Compostela. Tel. (981) 54 10 12.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Secretario xeral da Fundación Galicia-Europa

4190