Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 03 de xuño de 1997 Páx. 5.302

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-262).

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 17 de xaneiro de 1997, acordou aprobar definitivamente o expediente denominado estudio de detalle para reaxustar aliñacións e rasantes na parcela denominada Monte do Ximo ou Camposas sita en Montrove-Liáns.

Contra este acordo, que lle pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte a aquel no que reciba a presente notificación. De interpoñelo, advírteselle que o artigo 110.3 da lei require a comunicación previa ó órgano que dictou o acto impugnado. Tamén poderá interpo-lo recurso

extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, polo que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no apartado 2 do mesmo artigo 118. Todo isto sen prexuízo do dereito dos interesados para formularen a solicitude e a instancia ás que se refiren os artigos 102.1 e 105.2 da citada lei.

Oleiros, 18 de marzo de 1997.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

2960