O Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 29 de novembro de 1996, acordou aprobar definitivamente o expediente denominado proxecto de cotas e obras de urbanización dentro do ámbito do PA2 O Xunqueiro, en Xoez-Serantes, coas modificacións derivadas das alegacións consideradas.
Contra este acordo que pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte a aquel no que reciba a presente notificación. De interpoñelo, advírteselle que o artigo 110.3 da lei require a comunicación previa ó órgano que dictou o acto impugnado. Tamén poderá interpo-lo recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, polo que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no apartado 2 do mesmo artigo 118. Todo isto sen prexuízo do dereito dos interesados para formularen a solicitude e a instancia ás que se refiren os artigos 102.1 e 105.2 da citada lei.
Oleiros, 13 de marzo de 1997.
Esther Pita Pita
Alcaldesa-presidenta
2961