Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 03 de xuño de 1997 Páx. 5.286

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (121/1997).

O maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado se segue o procedemento Ex. Dom. Rean. Trac. 121/1997, por instancia de María Filomena Dorotea Amigo Martínez, María de la Nieves Paz Amigo Martínez e María de la Luz Amigo Martínez expediente de dominio para a inmatriculación dos seguintes predios: piso oitavo F, na oitava planta alta dunha casa sen número, sita na rúa Xeneral Pardiñas desta cidade de Santiago de Compostela (sinalada hoxe a casa do número 32), ultimamente co número 10, destinado a unha vivenda. Ocupa a extensión de cincuenta e tres metros e trinta decímetros cadrados e linda: polo norte ou dereita entrando na casa, co predio de César Ouro; polo sur ou esquerda, do piso oitavo E (número corenta e nove); polo leste, ou fronte da casa, en parte co patamal da escaleira e no resto co patio de luces do norte: e polo oeste, ou fondo, co espacio aéreo sobe a cuberta de parte do baixo (número

dous). Ten o seu acceso pola escaleira da dereita entrando na casa e polo ascensor desta, e atribuíuselle, coma cota de participación en relación ó valor total do inmoble, o dun 25%.

Polo presente edicto e en virtude do acordado en providencia desta data, convócanse as persoas ignoradas a quen lles puidese prexudica-la inscrición solicitada, para que no termo de dez días seguintes ó da publicación deste edicto poidan comparecer no expediente alegando o que conveña ó seu dereito.

En Santiago de Compostela o vintecatro de marzo de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

3108