Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 03 de xuño de 1997 Páx. 5.285

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (374/1995).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela fai saber: que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 374/1995, se seguen autos de executivo letras de cambio, por instancia do procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, en representación de Cerámica Syre, S.A., contra Roberto Crespo Sánchez, en reclamación de cantidade, e nas súas actuacións acordouse sacar á venda en primeira e pública poxa, polo termo de vinte

días e prezo de valoración pericial, o seguinte predio embargado ó demandado:

1. Casa nº 22 do lugar de San Cibrán, parroquia de San Xulián de Sales, no concello de Vedra, composta de dúas plantas e faiado, alpendre e sobre o portal do curral, e curral coas súas cortes, caseta que pode ser garaxe e eira de mallar; horta de arriba e abaixo; rodeada de muralla con viñedo; hórreo de tres claros. Todo isto ocupa a superficie total, segundo recente medición, de 6.502 m. Existe unha franxa de terreo desta propiedade de 2-3 metros de largo, fóra da muralla, gravada coa servidume permanente de paso para os predios situados máis ó sur, e esta franxa presta ademais servidume de acueducto para regadío. Inscrita no tomo 1.087, libro 103, folio 189, predio 5.987, inscrición 4ª.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena, nº 2, polígono das Fontiñas, o vindeiro día 30 de xuño ás once horas, conforme as seguintes condicións:

1. O tipo de remate será de 61.560.000 pesetas, sen se admitiren ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para poderen tomar parte na licitación, os licitadores deberán consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado no BBV, número 1592-17-374-95, o 20 % do tipo do remate.

3. Poderán facerse ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na mesa do xulgado, xunto con aquel, o 20 % do tipo do remate.

4. Só o acredor poderá face-lo remate en calidade de cederllo a un terceiro.

5. Reservaranse en depósito por instancia do acredor as consignacións dos ofertantes que non resultasen rematantes e que o admitan e cubrisen o tipo da poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obriga, poida aprobarse o remate a favor dos que lle sigan pola orde das súas respectivas ofertas.

6. Os títulos de propiedade, suplidos por certificación do rexistro, atópanse de manifesto na secretaría do xulgado, e os licitadores deberán conformarse con eles, sen poderen esixir outros.

7. As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, quedarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro 28 de xullo, ás once horas, nas mesmas condicións cá primeira, agás o tipo do remate, que será do setenta e cinco por cento do da primeira; e, no caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 18 de setembro, tamén ás once horas, e rexerán para esta as restantes condicións fixadas para a segunda.

Sírvalle esta publicación de notificación ó demandado para o caso de que non puidese efectuarse no seu domicilio.

Dado en Santiago de Compostela, vintecatro de abril de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

2914