Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 03 de xuño de 1997 Páx. 5.286

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (65/1995).

Eu, José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de

Santiago de Compostela, fago saber que no dito xulgado e co número 65/1995 se tramita procedemento de xuízo executivo por instancia de Banco de Asturias, S.A., contra Francisco Golán Míguez e Manuela Estalote Cacheiro, o que por resolución desta data se acordou sacar a pública poxa por primeira vez e por termo de 20 días os bens que logo se dirán; sinálase para que o acto do remate teña lugar na sala de audiencia deste xulgado, o día 15 de xullo de 1997, ás 10 horas, coas prevencións seguintes:

Primeiro. Que non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da taxación.

Segundo. Que os licitadores, para tomaren parte na poxa, deberán consignar previamente na conta deste xulgado, no Banco de Bilbao Vizcaya, S.A. número 1500-17-006595, unha cantidade igual, polo menos, o 20% do valor dos bens que sirva de tipo, facéndose consta-lo número e ano do procedemento; sen este requisito non serán admitidos e non se aceptará entrega de diñeiro en metálico ou cheques.

Terceiro. Unicamente o executante poderá concorrer coa calidade de lles cede-lo remate a terceiros.

Cuarto. En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderán facerse ofertas por escrito en prego cerrado, facendo o depósito ó que se fixo referencia anteriormente.

Os autos e a certificación rexistral que suple os títulos de propiedade estarán de manifesto na secretaría do xulgado, onde poderán examinalos, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación existente e que as cargas anteriores e as preferentes, se as houber, quedarán subsistentes sen se destinar á súa extinción o prezo do remate, entenderase que o rematante as acepta e queda subrogado na responsabilidade delas.

Para o suposto de que non houbese ofertantes na primeira poxa, sinálase para a celebración dunha segunda o día 16 de setembro de 1997, ás 10 horas, servindo de tipo o 75% do sinalado para a primeira poxa, sendo de aplicación as demais prevencións da primeira.

Igualmente e para o caso de que tampouco houber licitadores na segunda poxa, sinálase para a celebración dunha terceira o día 14 de outubro de 1997, ás 10 horas; a súa poxa celebrarase sen suxeición a tipo e quen desexe tomar parte nela deberá consigna-lo 20% do tipo que serviu de base para a segunda.

Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado non puidese celebrarse a poxa no día e hora sinalados, entenderase que se celebrará o seguinte día hábil, á mesma hora, exceptuando os sábados.

Bens que se sacan a poxa e o seu valor.

Urbana: casa composta de planta baixa e piso alto no sitio de Veiga da Igresa, na zona de concentración parcelaria de Cachaeira, Recesende, municipio de Teo; ocupa o soar 72 m linda: norte, por onde mide

20 metros, camiño; sur, por onde mide 20 metros, predio matriz resultante; leste, por onde mide vintecatro metros predio matriz resultante; e oeste, por onde mide vintecatro metros, Dolores Bareiro Parga e otros. O seu valor calcúlase na cantidade de 9.160.000 ptas.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón, no tomo 541, libro 177, folio 109, predio nº 18.732.

Dado en Santiago de Compostela o tres de abril de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O/A secretario/a

Rubricado

3317