Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 03 de xuño de 1997 Páx. 5.284

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (178/1993).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa fai saber: que nos autos de xuízo de menor contía número 178/1993, promovidos por Comercial Domecq, S.A., contra Antonio Gendo Fandiño Buján e Cía. viños Licores Mellid C.B., María González Baliño, José Antonio Quintela Estraviz, Marisol Parrado Mello, co domicilio actual descoñecido, se dictou o seguinte auto con esta parte dispositiva:

Dispoño decreta-lo embargo dos bens mobles seguintes de José Antonio Quintela Estraviz: os seguintes vehículos BI-6257-W e BI-6139-Y, e as contas correntes que teñan Marisol Parrado Mella, Antonio Gendo Fandiño Buján nas seguintes entidades de aforro de Melide: Caixa Galicia, Banco Pastor, Banco Bilbao-Vizcaya, Banco Central, Banco Español de Crédito, Banco de Galicia.

E para que conste e lles sirva de notificación ós demandados rebeldes, expido o presente edicto en Arzúa, oito de abril de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

3155