Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 03 de xuño de 1997 Páx. 5.284

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (107/1996-01).

Eu, Jorge Villar Trabazos, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo de faltas 107/1996, sobre inxurias, como denuncian

tes Paula Bollaín Rivas e Paula María Cubeiro Bouza, e como denunciada Teresa Patrón Gómez, se dictou sentencia con data do 12 de marzo, que ten a seguinte resolución:

Que debo condenar e condeno a Teresa Patrón Gómez, como autora penal dunha falta de inxurias leves do artigo 620.2º do Código penal, á pena de 20 días de multa, cunha cota diaria de 1.000 pesetas.

Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días desde a última notificación, e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e para que lle sirva de notificación a Teresa Patrón Gómez, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o dezaseis de abril de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

3156