Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 03 de xuño de 1997 Páx. 5.284

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 1997 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería do terreo, do departamento de Tecnoloxía da Construcción, a Jorge Delgado Martín.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 17 de xullo de 1996 (BOE do 14 de agosto) para a provisión da praza número 96/044 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería do terreo, do departamento de Tecnoloxía da Construc

ción desta universidade, a favor de Jorge Delgado Martín, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos ós que alude o apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Jorge Delgado Martín, profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería do terreo, do departamento de Tecnoloxía da Construcción desta universidade.

A Coruña, 19 de maio de 1997.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

3021