Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 02 de xuño de 1997 Páx. 5.252

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

No BOP da Coruña número 86, do 16 de abril de 1997 publicáronse as bases e convocatoria para a provisión de varias prazas, correspondentes á oferta de emprego público para 1996, que son as seguintes:

-Bases xerais e específicas dunha praza de pedagogo mediante contratación laboral indefinida.

-Bases xerais e específicas dunha praza de auxiliar administrativo mediante contratación laboral indefinida.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio da convocatoria no Boletín

Oficial del Estado, e signifícase que os sucesivos anuncios relativos á convocatoria se publicarán no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios desta corporación.

Oleiros, 7 de maio de 1997.

Esther Pita Pita

Alcaldesa

3834