Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 02 de xuño de 1997 Páx. 5.252

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NOIA

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente o ED do rueiro 1 na confluencia das rúas Virxe de Loreto/rúa Nova apertura/rúa Pontevedra, e introducida modificación de oficio correspondente en reaxuste de aliñación ó ED aprobado definitivamente por acordo plenario con data do 27-5-1994 (apartado dispositivo terceiro) (DOG número 194/1994, do 6 de outubro), ábrese novo período de información ó público polo termo dun mes, prazo que se computará a partir da derradeira publicación (DOG/xornal) e no que poderá ser examinado (Negociado de Urbanismo, das 9 ás 14 horas, tódolos días laborables) e formulárense as alegacións que se consideren pertinentes.

Noia, 26 de maio de 1997.

Mª Carmen Abeijón García

Alcaldesa-presidenta

3851