Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 02 de xuño de 1997 Páx. 5.252

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ALLARIZ

EDICTO.

O Pleno do Concello de Allariz en sesión extraordinaria celebrada o día 2 de maio de 1997 se aprobou con carácter inicial o plan parcial do sector número 5 do solo apto para urbanizar de carácter residencial conforme o proxecto técnico redactado pola Oficina Municipal de Rehabilitación.

En cumprimento do disposto no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e segundo o acordo adoptado polo Pleno, ábrese un trámite de información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da aparición deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal o expediente pode ser examinado na secretaría do concello e, se é o caso, presenta-las reclamacións que se consideren pertinentes.

Allariz, 5 de maio de 1997.

O alcalde

Rubricado

4181