Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 02 de xuño de 1997 Páx. 5.252

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (87/1997).

Anúnciase que a comisión municipal de Goberno, en sesión extraordinaria do día 2 de maio de 1997 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de compensación da zona 10 A do Su-29 de Ourense, para instancia de José Costa Prieto.

De conformidade co disposto no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo de vinte días, que empezará a contar a partir do día seguinte á última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan presenta-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro.

Ourense, 7 de maio de 1997.

Manuel Jaime Caberas Enríquez

Alcalde

3938